lunes, 5 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O Equipo da Biblioteca  súmase  a celebración do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo. Un día no que se reivindica a igualdade de dereitos para todas e no que se recorda que aínda non se acadaron. 
Este ano o  8 de marzo céntrase en dous tema prioritarios:
Por un lado fanse eco dos dereitos das mulleres que traballan nas zonas rurais, das desigualdades e das discriminacións que sofren cando en realidade teñen un papel fundamental na alimentación das nacións.
Por outro lado segue alzando a voz contra o acoso sexual, a desigualdade e a violencia  contra as mulleres.
Se queredes coñecer cal é a orixe deste día picade no seguinte enlace: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Nos seguintes vídeos explícannos  por que se celebra este día:





Este curso o Equipo da Bibliotec en colaboración co Equipo de Voz Natura e seguindo co nono proxecto Auga, Pedra, Sabedoría e Terra para conmemorar o Día Internacional da Muller celebraremos encontros con nais que teñen oficios moi singulares dos que vós iremos informando.Para traballar na aula aportamos os seguintes recursos: no seguinte enlace atotaredes unha recopilación de recursos para traballar a coeducación 
recursos coeducación
Se picades no seguinte enlace aoparedes contos para conversar sobre a igualdade CONTOS IGUALDADE
Unidade didáctica para traballar a igualdade de xénero.
No seguinte enlace atoparedes a 12 mulleres qe fixeron historia:MULLERES QUE FIXERON HISTORIA
Enlace  coa biografía de cen mulleres galegas para recordar: CEN MULLERES GALEGAS
Picando no segunte enlace atoparedes un album de mulleres galegas publicado polo centro de Documentación Dixital: ALBUM
Actividades LIM para  Educación Infantil: DÍA DA MULLER Infantil
Libro LIM para Infantil e 1º, 2º de Primaria; LIBRO LIM
Libro LIM para Primaria: ACTIVIDADES LIM Primaria
 Vídeo SOBRE OS ESTEREOTIPOS




Vídeos para lembrar ás mulleres galegas que fixeron historia:




Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.





domingo, 4 de marzo de 2018

MARZO, MES DA POESÍA

Pasiño a pasiño chegamos ao mes de marzo, mes dedicado a poesía xa que o Día 21 de marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Ao longo deste mes as actividades da Biblioteca xirarán en torno a Poesíaleremos poemas, escribiremos e ilustraremos poesías,  coñeceremos poetas... Este mes amaremos e disfrutaremos os recitados de pesías.
Como xa é tradicional empezaremos este mes convocando un novo Concurso de Poesía que,  este ano desenvolvendo o   noso proxecto: Auga,  Pera, Sabedoría e Terra ,  estará dedicado aos oficios tradicionais da nosa contorna.

Este é o cartel que o anuncia:


CONTACONTOS CON CHARO PITA

O luns, 27 de febreiro, veunos visitar ao cole CHARO PITA, a famosa contadora de contos que fixo pasar uns momentos cheos de ledicia, emoción e sorpresa a todos os alumnos e alumnas do cole, dende os máis cativos ata aos maiores, pois  pasou con nós case toda a mañá, contando historias e contos da súa inventiva (pois é unha gran escritora de literatura infantil) e tamén outros populares e tradicionais.  
Neste enlace podedes consultar algúns datos da súa biografía:
E aquí tamén tedes un enlace ao interesante documento publicado por esta asociación:
E estes son algúns dos libros publicados por CHARO PITA e que contou ao longo desta estupenda mañá que pasamos todos na súa compaña:


E estes algúns momentos da xornada: 



viernes, 2 de marzo de 2018

RECITADO DE POESÍAS. DIA DE ROSALÍA

Para rematar este  mes de febreiro, mes dedicado á nosa escritora galega máis universal,  o mércores 28, na Hora de Ler,  os alumnos de 6ºB deleitáronos cun recitado de Poemas de Rosalía de Castro
Fixeron unha selección dos versos recollidos nos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.  Con moita emoción foron desgranando:  Eu tiven un cravo, Adios Ríos,  Campanas de Bastabales... Así de ben soaron os versos de Rosalía



sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA:·#ABRIDEAFIESTRA#

  Os nenos e nenas do cole participamos  na actividade #ABRIDEAFIESTRA# organizada polo colectivo AELG elaborando murais coa biografía ou  con poemas de Rosalía que adornan as nosas fiestras.
Para desenvolver esta proposta organizamos un obradoiro ao longo de toda a semana no que os alumnos dos diferentes cursos, despois de indagar sobre a súa vida, elaboraron un mural da súa biografía (que colga na entrada do patio) e varios murais cos poemas que adornan as fiestras



E así locen nas nosas fiestras:


miércoles, 7 de febrero de 2018

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA

Lectores,  xa  estamos no mes de febreiro!!! Un mes que dedicamos por completo á  escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Unha escritora que foi precursora da poesía española moderna e do existencialismo e unha pioneira do pensamento feminista. 
 Mito e símbolo de Galicia, autora de obras  inmortais como Follas Novas ou  En las orillas del Sar, foi unha escritora innovadora e comprometida adiantada no tempo, que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. Nas súas obras reflicte a situación dunha Galicia maltratada e desangrada pola emigración, denunciou a pobreza dos labregos galegos  e a precaria situación laboral de moitos que estaban fóra. 
Rosalía de Castro foi unha muller singular cunha excelsa sensibilidade.
O Equipo da Biblioteca ten preparado diferentes actividades  que se irán desenvolvendo ao longo de todo o mes.
Empezaremos recordando a súa biografía
Ollando os seguintes vídeos que nos falan da súa vida:





Participando nas seguintes actividades interactivas:

Desenvolvendo a seguinte unidade didáctica na que coñeceredes moitas cousas da súa vida e da súa obra:


 Tamén lle podedes botar unha ollada aos libros sobre Rosalía que sacamos dos andeis e colocamos no corredor da Biblioteca:



rosalia2018

Este é dos seus poemas máis coñecidos:  NEGRA SOMBRA:



lunes, 29 de enero de 2018

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


O  próximo 30 de xaneiro  celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA  tamén coñecido como DENIP e que se celebra en España desde o ano 1964. Neste día,  ademais de conmemorar o aniversario da morte de GANDHI ( se picades no enlace coñeceredes a súa biografía), tamén lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, á non violencia e á Paz.  Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre persoas de distinta formación. raza. cultura e relixión.
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas ideas para comezar a traballar na clase:
Actividades interactivas dia Escolar da Non Violencia

Para celebrar este día  o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades;
Para infantil e 1º e 2º de EP a  seguinte presentación:



Para os demais cursos de primaria o seguinte traballo de investigación


Coa axuda de todos elaboraremos o noso  Abecedario da Paz empregndo as plantillas que elaboramos.  cada clase  buscará a palabra da Paz relacionada coa letra ,  decorará a tarxeta, e todos xuntos elaboraremos o noso abecedario

Un conto para traballar  a Paz e a Non Violencia


Escoitade estas cancións   que nos falan de Paz:















domingo, 28 de enero de 2018

CONVERSA CON LEDICIA COSTAS!

O pasado venres 26 de xaneiro os membros dos clubs de lectura tivemos o gran privilexio de ter unha charla coa escritora Ledicia Costas. Empregando o Skype, puidemos falar con ela e facerlle un milleiro de preguntas coma bos xornalistas.
Foi unha conversa moi divertida e interesante, onde nos contou anécdotas dos seus libros e sobre todo nos falou do traballo como escritora que tanta curiosidade nos suscitaba! Onde buscas a inspiración? Canto tardas en escribir un libro? Que hai que estudar para ser escritora? etc etc. Porque malia que semella sinxelo, é un traballo arduo e intenso.
Xa temos por aquí pequenos escritores en potencia motivados a porlle palabras ao que pasa pola súa imaxinación!

Deixámosvos algunha foto do encontro!


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

CLUB DE LECTURA

“O xardín dos libros” leu Momo de Michael Ende, grazas ao préstamo realizado coa Biblioteca Municipal Nodal de Ourense. Malia que ao principio non lles chamou a atención, foi un libro que recibiu moi boa acollida. Xurdiron adxectivos como intrigante, extraño, adictivo.
 Na sesión desfrutamos das ilustracións de diferentes edicións, dende a primeira do 1973; e pensamos, reflexionamos e debatimos sobre ese gran misterio do TEMPO. Porque como Ende dixo: “O tempo é vida, e a vida reside no corazón”.

Os “Gusicross” leron desta vez diferentes recomendacións de libros feitas por eles mesmos! Durante o nadal tiveron ocasión de lelos e na xuntanza cada un amosou a súa opinión e unha descrición breve do que leran.


Seguinte parada lectora: “El coleccionista de relojes extraordinarios” de Laura Gallego e “Zoa e Azor” de An Alfaya.  

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Seguirémosvos contando!