Como en todos os anos, ante a proximidade do SAMAÍN, na biblioteca desenvolveremos, na hora do recreo dende o 16 ata o 27 de outubro, un obradoiro para decorar as cabazas. Se queres participar achégate coa túa cabaza ata a biblioteca e decóraa da forma máis terrorífica que queiras.
lunes, 16 de octubre de 2017
domingo, 15 de octubre de 2017
PREPARANDO O SAMAIN
Pouco a pouco o curso vai avanzando. As noites chegan cada vez máis pronto, temos que abrigrarnos un pouco máis... Estamos no pleno outono!! Tempo de castañas, follas secas, da recollida do millo e das cabazas... Estamos no tempo no que celebramos o Samaín!!! Unha festa de orixe celta na que se reunían se reunían no camposanto para comer o porco do samaín co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vir rendir contas aos moradores do mundo dos vivos.
Para afastalas, os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos inimigos, caveiras que pouco a pouco se foron sustituíndo por cabazas.
Para afastalas, os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos inimigos, caveiras que pouco a pouco se foron sustituíndo por cabazas.
Se picades neste enlace coñeceredes a orixe desta festa ORIXE DO SAMAIN
Na seguinte unidade didactica atoparedes moita información sobre o Samaín:
Nas seguintes páxinas atoparedes recursos para traballar o Samaín nas aulas:
RECURSOS
Recursos Samain
ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
SAMAIN E O OUTONO
Actividades LIM O Samaín
CREBACABEZAS: Chegou o Samaín
Na seguinte unidade didactica atoparedes moita información sobre o Samaín:
RECURSOS
Recursos Samain
ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
SAMAIN E O OUTONO
Actividades LIM O Samaín
CREBACABEZAS: Chegou o Samaín
miércoles, 11 de octubre de 2017
BIBLIOPATIO
Hoxe, na hora do recreo e grazas os nosos colaboradores, un anaquiño da nosa biblioteca percorreu o patio de infantil. A actividade do BIBLIOPATIO botouse a andar!!!
A partir de agora en todos os recreos da mañá, agás os dos mércores, dous colaboradores baixarán ao patio un carro cargado de libros, adaptados aos nenos de infantil, para que os nenos que queiran podan disfrutar da súa lectura e teñan a experiencia dun recreo diferente.
Esta é unha actividade que goza de moito éxito tal e como se pode ver no vídeo e ue nos confirma QUE CALQUERA LUGAR É BO PARA A LECTURA!!
lunes, 9 de octubre de 2017
CLUB DE LECTURA
O equipo da biblioteca prepara unha nova actividade: abrimos un club de lectura na biblioteca!!!
Se eres alumno de 5º ou de 6º de primaria e che apetece pasar un tempo divertido ao redor dun libro le con moita atención o cartel.
COLABORADORES
Os novos axudantes da biblioteca ( 20 alumnos voluntarios de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu cotrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo de todo o curso, moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
- Colocar correctamente os libros nos andeis e manter en orde a biblioteca.
- Axudarlle aos nenos a buscar os fondos que precisen.
- Repara os fondos que se atopan no hospital.
- Colaborar nas actividades LIBRO-PATIO e na APERTURA DO QUIOSCO levando e coidando os libros.
- Comprobar que se cumpren as normas da biblioteca.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
domingo, 8 de octubre de 2017
OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA
Lectores, chegamos ao mes de outubro, o mes no que a biblioteca escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño iráselle ensinando aos novos alumnos e comezarase a desenvolver as diferentes actividades programadas: clube de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, e as múltiples actividades de fomento da lectura para todos os usuarios da biblioteca.
Os que levades anos traballando e colaborando para que a biblioteca estea presente no ámbito educativo e sexa un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade escolar, coñecedes o profundo alcance que ten sobre a vida escolar a biblioteca.
O equipo da biblioteca aposta por por desenvolver desde a biblioteca todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.
Nos segulntes videos fálanos da biblioteca e da súa importancia:
miércoles, 27 de septiembre de 2017
PLAN ANUAL DE LECTURA
Ola lectores!! O equipo da biblioteca xunto co equipo de Voz Natura elaboraron o plan de lectura para este curso: "Auga, pedra, sabedoría e terra" Todas as actividades programadas xirarán en torno ao patrimonio da nosa contorna. Coa colaboración de toda a comunidade escolar coñeceremos lendas, monumentos, fontes , cruceiros...Descubriremos os tesouros que nos rodean
jueves, 14 de septiembre de 2017
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
" Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/18 con destino ás Bibliotecas Escolares dos centros educativos galegos.
Unha biblioteca escolar integrada, no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico a "aprender a pensar"
BENVIDOS
O equipo da biblioteca deséxalle a toda a comunidade educativa unha feliz benvida a un novo curso. Esperamos inicialo todos con moita enerxía, ánimo e esforzo para seguir aprendendo.
Coma sempre esperamos que entre todos fagamos da biblioteca non só un lugar onde ler, senón tamén un espazo onde poidamos aprender e compartir unha chea de aventuras e cousas novas.
Desexámosvos un curso cheo de marabillosas lecturas !!!
Esperamos ter todo preparado no mes de outubro para que poidades disfrutar de todo o que vos temos preparado.
Empezamos con este video que nos explica por que é importante saber ler:
Hai moitas razóns para ler , cal é a vosa??
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




