O mércores 18 de marzo tivemos unha sesión de contacontos e de animación á lectura na nosa biblioteca. A sesión foi destinada ao alumnado de Educación Infantil que disfrutou participando activamente na historia que lles contou Iago López: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS.
"Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles" (SINOPSE DO LIBRO NA PÁXINA DA EDITORIAL)
Preme na imaxe para acceder ao blog Barbádegos (portal de literatura infantil e xuvenil) onde veredes unha interesante reseña sobre este libro. OS MEDOS DOS NENOS/AS NA LITERATURA Aquí tedes un enlace ao estudo publicado polo Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (Fundación GermánSánchez Ruipérez- Colección Temas en la LiteraturaInfantil y Juvenil
Nº 3) onde se analizan os tipos de medos presentes nos cativos/as e unha ampla selección de libros sobre este tema ... e algúns dos libros que temos na nosa biblioteca sobre esta temática:
Día Internacional da muller traballadora, tamén chamado Día da muller, conmemora aloita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Este día recórdase un tráxico suceso que pasou nos Estados Unidos,
no ano 1857. O día 8
de marzodese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nueva
York, decidiron parar de traballar como protesta ás suas precarias
condicións de traballo. Era a primeira vez que as mulleres se unían
para reivindicar melloras laborais: unha redución do horario
de traballo diario, que era de 16 horas, á 10 horas diarias. Ademais,
por traballar esas horas, elas percibían apenas un tercio do soldo
que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma
violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, queimadas dentro da fábrica.
Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para facer unha homenaxe ás operarias mortas na fábrica téxtil.
E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora
Para saber e coñecer máis cousas sobre este día ollade este video: