miércoles, 7 de septiembre de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR : TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
 Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con esta temática. 

BENVIDA

O Equipo da Biblioteca xa  ten  todo preparado para que ao longo do curso poidades investigar, vivir aventuras, soñar, compartir experiencias, moitas lecturas e libros cos amigos, mestres e compañeiros ... Dámosvos a benvida,  desexamos que volvades cargados de enerxía,   ánimo e esforzo   para participar en todas as actividades que se van desenvolver.

Comezamos compartindo con todos unha gran noticia : A partir deste curso a nosa Biblioteca está integrada no programa PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) que nos proporcionará mais formación,  fondos, mobiliario... para acadar un aproveitamento máximo da nosa biblioteca.
Se picades no seguinte enlace teredes mais información sobre esta boa nova PLAMBE

Abrimos a biblioteca co seguinte video de fomento da lectura. Esperamos que sexa do  voso agrado