sábado, 30 de enero de 2016

A DERRADEIRA LECTURA POLA PAZ

Rematamos esta semana DA PAZ E NON VIOLENCIA coa lectura do libro BLANCOS Y NEGROS que lle leu o alumno de 4ºB, Mario Vázquez Fernández aos alumnos de 1º de Primaria aos que lles encantou este libro 


FOI UNHA EXPERIENCIA MOI INTERESANTE. 


OUTRA LECTURA POLA PAZ

Na BIBLIOTECA seguimos lendo pola PAZ,
esta vez a alumna  de 4º A, Isamar Lamelas Iglesias leulle aos alumnos de 5º de Educación Infantil un libro moi interesante no que nos explican por que somos de diferentes cores.

AOS NENOS ENCANTOULLES ESTE LIBRO 



miércoles, 27 de enero de 2016

LENDO POLA PAZ


Hoxe a alumna de 4ºA, Rosana Fernández Torres, leulle aos alumnos/as de 6º de Educación Infantil un libro moi fermoso e interesante:

 O HOMIÑO DE PAPEL. Os nenos e nenas escoitaron con moito interese todas as cousas que ían descubrindo os protagonistas deste libro, unha nena e un amigo que ela creou cun papel de  periódico, e, empatizaron cos protagonistas mirando as historias cos ollos da solidaridade.
PARA TODOS FOI UNHA EXCELENTE EXPERIENCIA

martes, 26 de enero de 2016

LENDO POLA PAZ


Ao longo de toda a semana, para celebrar a SEMANA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, na biblioteca, NA HORA  DE LER, unhas nenas de 4º curso de primaria  leranlles aos nenos/as de Educación Infantil algún dos  libros que seleccionou o Equipo da Biblioteca.

Comezamos coa alumna de 4ºA, Ariadne Franco Montero, que lle leu aos alumnos de 4º de Educación infantil o libro: A Pomba dona Paz

Aos nenos gustoulles moito.

lunes, 25 de enero de 2016

EXPOSICIÓN DE LIBROS

O equipo da BIBLIOTECA fixo unha exposición de libros para que nesta semana que, celebramos a semana da PAZ e da NON VIOLENCIA, vos acheguedes ata a biblioteca para que disfrutedes destas lecturas. 
ESPERAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO 

PARABÉNS PARA MIGUEL

Hoxe no cole recibimos un paquete moi especial. O agasallo que lle mandaron á Miguel Vázquez, alumno de 4ºB, porque a súa carta foi galardonada no premio de CARTAS AO APALPADOR 2015. Recibiu unha carta moi cariñosa e varios agasallos.

PARABÉNS E A SEGUIR PARTICIPANDO
Se queredes volver a ler a carta que el escribiu e a resposta do Apalpador picade na imaxe



domingo, 17 de enero de 2016

30 DE XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


O Día Escolar da Paz e da Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental instituída en España, no ano 1964, polo poeta e pacifista malloquín LLORENÇ VIDAL como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, un home que coa súa loita pacífica e coas súas actuacións de NON VIOLENCIA, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fose unha realidade.
É este un día  que  defende e promove o amor universal, a tolerancia, o respecto polos dereitos humanos, a solidariedade e a paz.
Se queredes coñecer a vida de GANDHI:
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas e variadas actividades para realizar ese día:
ENLACES
DIA DA PAZ
ACTIVIDADES
RECURSOS
Se picades no seguinte enlace atoparedes un xogo moi interesante:
Tamén vos propoñemos as seguintes actividades interactivas:
LIM
actividades lim
Para reflexionar este día ollade os seguintes video:
Y tú,,, ¿qué opinas de la PAZ?


¿Qué es la PAZ?





Un chocolate muy especial









sábado, 16 de enero de 2016

A LIBRARIA HARRY POTTER CUMPLE 110 ANOS

A Libraría LELLO, localizada na cidade portuguesa de Oporto que está considerada como unha das mais fermosas do mundo, e, na que se rodaron as películas de HARRY POTTER está hoxe de aniversario: CUMPLE 110 ANOS!!!
Co gallo deste aniversario mostrámosche unha lista das vinte bibliotecas do cine mais fermosas picando no seguinte enlace:


BIBLIOTECAS